Galegofalantes do f...
 
Avisos
Vaciar todo

Galegofalantes do foro: Quen teña honra que se manifeste nos comentarios!


Lucovil
Respuestas: 247
Topic starter
(@lucovil)
Miembro Confiable
Registrado: hace 1 año

Ao revisar esta sección decatéime de que aínda non hai ningún tema no idioma que estou a empregar. Determinado a rematar con esta situación, decidín crear un para que todos os que saibamos usar esta fermosa lingua poidamos dicilo para estimar o noso número no foro e así poder ver cal sería máis ou menos o público para posibles novos debates nesta linguaxe. Por isto e simplemente por falar un pouco, que nunca está de máis, anímovos a expresarvos nos comentarios coa mensaxe que queirades.

Sei que o foro non é moi empregado pola maioría dos seus membros, e tamén que concretamente esta parte da páxina non é unha das máis visitadas, pero sexa como sexa convídovos a que deixedes as vosas respostas independientemente de cando vexades isto e o tempo que pasara tras a publicación deste tema. Unha vez dito todo, xa sabedes; manifestádevos, galegofalantes!

Responder
43 respuestas
Oseiradepintegas
Respuestas: 657
(@oseiradepintegas)
Usuario Honorable
Registrado: hace 1 año

Bos días galegos da rede.

Propoño falar de temas cen por cen galegos. A que prezo se cotiza a racion de polbo no teu concello?

 

Responder
7 Respuestas
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@oseiradepintegas Creo que vou dicir o peor comentario que pode saír dos beizos dun galego, pero teño que ser completamente sincero: son galego e non me gusta o polbo.

Ale, xa está dito; podedes proceder todos á miña execución 🤣 

Responder
Oseiradepintegas
(@oseiradepintegas)
Registrado: hace 1 año

Usuario Honorable
Respuestas: 657

1.Que non che guste o polbo non impide falar do prezo ou de calquer outra cousa.

2.Non executaria a ninguen X que non lle gustase determinar comida.

3.ninguen expide carnets de galeguidade agas os do xabarin clube. Wink  

 

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@oseiradepintegas

1.- É certo, pero ao non gustarme o polbo nin sequera fíxome no seu prezo, admito que non teño nin idea do tema.

2.- Eu comentábao máis pola sorpresa que amosan algúns cando digo que o polbo non me gusta, non teño problema en falar de comida, que iso en xeral encántame. E xa sabía que vós seriades comprensibles, era por facer a graza xD

3.- A única autoridade con poder para facelo! 🤣 

Responder
aanodino
Customer
(@aanodino_)
Registrado: hace 2 años

Usuario Referente
Respuestas: 4641

@lucovil Mentres non digas "pulpo" todo ben.

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@aanodino_

Entón todo irá ben, estou tan pouco afeito a utilizar esa palabra en xeral que non terei ningún problema de posible castelanismo xD

Responder
aanodino
Customer
(@aanodino_)
Registrado: hace 2 años

Usuario Referente
Respuestas: 4641

@lucovil Esquecéuseme che explica-lo motivo, que ó millor xa o coñeces pero igual non:

En Carballiño celébrase a famosa «Festa do Pulpo», á que lle mudaron o nome porque os madrileños confundíanse e debían se pensar que tratábase de algo pornográfico ou así.

Spoiler

Co ben que soan «Festa do Polbo» e «botar un foguete», hehe

Spoiler

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@aanodino_ 

Pois non, a verdade é que non o sabía (aínda que si coñecía o lugar), pero o que si sei ben son as "queixas" constantes que soltan os madrileños vaian ao concello que vaian por case todas as cousas posibles. Supoño que non poderían soportar crer que estaban escoitando un concepto tan descoñecido para eles...  🤣 

Responder
Viva Vigo
Respuestas: 387
Customer
(@vivavigo)
Miembro Reputado
Registrado: hace 2 años

Aquí presente un da xeración do Xabarín Club, e xa sabes, se nunca tiveches a licenza do Xabarín no es galego 100%  LoL  

Responder
3 Respuestas
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@vivavigo ¡Grandes series as do Xabarín Club! Unha pena que agora a súa situación sexa a que é, pero polo menos a moitos deixounos con un gran número de boas lembranzas para toda a vida. :-)

Responder
Oseiradepintegas
(@oseiradepintegas)
Registrado: hace 1 año

Usuario Honorable
Respuestas: 657

@vivavigo 

Eu non teño o carnet do xabarin e por que son maior que vos concretamente da xeracion previa.

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@oseiradepintegas De acordo, creo que podemos ampliar o carné de galeguidade a todos aqueles que algunha vez visen o programa do Luar ou o Land Rober, creo que con iso xa cubrimos a toda a poboación 🤣

Responder




aanodino
Respuestas: 4641
Customer
(@aanodino_)
Usuario Referente
Registrado: hace 2 años

Que é iso de "quen teña honra"?

Puidendo dicir "quen teña afouteza no corazón", ou «os bos e xenerosos».

 

Responder
3 Respuestas
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@aanodino_ 

Xa, pero se puxese iso non faría referencia a María Pita e non podería poñer a súa épica imaxe. As heroínas galegas van antes que calquera palabra ou adxectivos bonitos >:(

X´D

Responder
aanodino
Customer
(@aanodino_)
Registrado: hace 2 años

Usuario Referente
Respuestas: 4641

@lucovil Ah pois mira non lembrava esa frase súa (agora si), e mira que a recoñecín no debuxo.

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@aanodino_

Non pasa nada home, son cousas que pasan. Se eu contáseche todos os meus esquecementos absurdos sobre cousas aínda moito máis básicas e importantes quedaríasche abraiado xD

Responder
Capitán E
Respuestas: 10
(@ecapitan39)
Usuario Activo
Registrado: hace 7 meses

No se entiende. En español por favor. 

Responder
5 Respuestas
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@ecapitan39 Esto es un tema que he creado específicamente para que nos podamos comunicar los que sepamos hablar gallego (y de hecho este es el único tópico existente por ahora en este idioma), por eso lo he puesto precisamente en la sección "ParlEM", hecha específicamente para idiomas alternativos al castellano. No sé, puedes comentar o preguntarnos cosas si quieres, pero seguiremos hablando gallego que para eso está la sección 🤣

Responder
aanodino
Customer
(@aanodino_)
Registrado: hace 2 años

Usuario Referente
Respuestas: 4641

@ecapitan39 eu hai xente que si que non a entendo, mi má que nivel.

Responder
Oseiradepintegas
(@oseiradepintegas)
Registrado: hace 1 año

Usuario Honorable
Respuestas: 657

@ecapitan39 

En castizo sería hai Manolete se non sabes pa que entras
Responder
Ipsen
(@ipsen2020)
Registrado: hace 2 años

Miembro Reputado
Respuestas: 415

@ecapitan39 

Probablemente tampoco lo entenderías si estuviera en español, dado que no has entendido la descripción de este subforo, que está redactada en correcto castellano: Sección para comentar y debatir en cualquiera de los idiomas de la España plural distintos al castellano (cooficiales como CAT - ARAN / GAL / EUSK y no oficiales como AST, VAL, AND).

Responder
breotrasancoi
Customer
(@breotrasancoi)
Registrado: hace 1 año

Miembro Reseñable
Respuestas: 61

@ecapitan39 aprende vago!

Responder
breotrasancoi
Respuestas: 61
Customer
(@breotrasancoi)
Miembro Reseñable
Registrado: hace 1 año

Boa tarde. Algum reintegracionista por estes lares?

Responder
6 Respuestas
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@breotrasancoi 

Moi bo tema o que expuseches. Eu sempre pensei que o galego, se ben ten que achegarse máis á lusofonía por motivos históricos e culturais, debe permanecer sempre como una lingua independente, con influencias tanto do portugués como do castelán.

Por exemplo, na miña opinión, debería dárselle á xente a opción de escribir con "nh" todas as palabras con "ñ", permitirse usar as variantes portuguesas nos sufixos en todos os casos nos que aínda non sexa posíbel ou ter toda a variabilidade que posúen os portugueses na colocación do pronome e que pode verse en moitas zonas de Galicia, sobre todo nas do sur.

Polo que, se ben non son reintegracionista ao 100%, si que recoñezo que o galego actual está bastante castelanizado, cando debería ser un idioma propio con influencias iguais das linguaxes xa mencionadas.

Responder
breotrasancoi
Customer
(@breotrasancoi)
Registrado: hace 1 año

Miembro Reseñable
Respuestas: 61

@lucovil O que comentas é mui interessante e tem muitas semelhanças com a proposta binormativa que tem sido defendida ultimamente pela AGAL, ​​(com todas as apreciações que devem ser feitas e tornam o debate interminável). Não sei se conheces os vídeos do seu presidente, mas são bem interessantes e educativos nesse sentido:

 

 

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@breotrasancoi

Pois a verdade é que si, si que coñecía os seus vídeos! O meu pai está moito máis metido no tema ca min e está afeito a consumir este e outros contidos como o de "DigochoEu", encántalle todo o relacionado co idioma e nun suposto "eixo da lingua galega" sería bastante máis reintegracionista que o que está a escribir isto.

Vi tan só algunhas das súas publicacións, estando nalgúns casos máis ou menos a favor, como é lóxico. Pero creo que é un tipo intelixente e tamén que busca o mellor para a lingua galega, algo que é moi básico e importante.

E como xa dixen antes, estou completamente a favor da proposta que fai no vídeo: ten que haber cooficialidade das dúas normas, e a variante local debe coexistir pacificamente coa internacional máis empregada. No caso galego, aínda que é certo que debe de existir certa influencia do castelán simplemente por razóns históricas e a proximidade, non pode haber tanta como na actualidade, ou polo menos non se se quere darlle un futuro á linguaxe.

É aí é onde podería entrar a corrente reintegracionista para axudar a "equilibrar a balanza" e xa que estamos normalizar unha variante máis internacional que podería asistirnos á hora de manter, mellorar e profundar as nosas relacións cos territorios da lusofonía, cousa que é esencial e algo que apenas puidemos facer por moitos motivos de ineficacia e desinterese que non vou explicar nesta mensaxe porque podería estar días xd

Grazas por compartir o vídeo e así contribuír ao tema, abriches unha cuestión que estou seguro vai dar moito de que falar 😉 

Responder
breotrasancoi
Customer
(@breotrasancoi)
Registrado: hace 1 año

Miembro Reseñable
Respuestas: 61

@lucovil Como estamos mais bem de acordo sobre isso, amplio o assunto e abro outra janela. Eu acredito que para que a Galiza aproveite todo o seu potencial, além dos seus recursos propios, deve explorar as suas relações internacionais, que principalmente vão  através de 3 áreas:

1) Lusofonia, já comentada

2) O mundo Céltico-Atlântico

3) Iberismo e Hispanidade.

Todos eles fazem parte da nossa História e fazem da Galiza uma nação central na de Ocidente.

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@breotrasancoi 

Non podo estar máis de acordo con o que comentas.

Ademáis de intensificar as relacións co mundo lusófono por motivos culturais, históricos e por enriba de todo da facilidade para a comunicación que nos dá a nosa linguaxe, é necesario tamén salientar as nosas raíces celtas no ámbito internacional, pois aínda que moitas veces non afondamos o suficiente niso porque sempre se di que "non pasa nada, en realidade non é algo tan importante na diplomacia galega" temos un montón de similitudes coas nacións relacionadas co celtismo (é especialmente triste que nos dous séculos anteriores, con moita menos información e posibilidades de comunicación que agora, este tema tivese moita máis relevancia, referíndome como é evidente á literatura e o teatro, sobre todo).

Por último, e respecto ao iberismo e á hispanidade, como é que en moitos países latinoamericanos aos españois chámaselles galegos (aínda que hai que sinalar que as veces de forma pexorativa) e non o estamos a aproveitar? A terrible emigración que tivo que sufrir o pobo galego provocou que estendésemos a nosa influencia por gran parte do continente americano; e namentres tentamos que esta situación non siga  a producirse en pleno século XXI, sexamos intelixentes e loitemos para que as tristes historias de tantas persoas non se esquezan e sirvan para traernos de novo a importancia xeopolítica neste espazo do mundo que chegamos a ter no pasado; e non por nacionalismos estúpidos, senón por non desaparecer da memoria colectiva do planeta, como terminou pasando con tantos outros pobos ao longo da Historia.

Responder
Oseiradepintegas
(@oseiradepintegas)
Registrado: hace 1 año

Usuario Honorable
Respuestas: 657

Non son reintegracionista. O galego evolucionou dende que Galicia e Portugal son unidades administrativas diferenciadas. Pretender que por non ser españois teñamos que falar portugués e un erro. E certo que se deixou influir polo castelan mais è competencia da RAG a depuración do idioma eliminando os castelanismos presentes. 

Tampouco lle votemos a culpa a administración do que non facemos nos que e prescindir do uso do galego na realidad cotiá.

 

Responder




breotrasancoi
Respuestas: 61
Customer
(@breotrasancoi)
Miembro Reseñable
Registrado: hace 1 año

Até onde eu sei, o Reintegracionismo não procura que se fale na Galiza da mesma forma que em Portugal (embora nas zonas próximas a norte e a sul da "raia" já o seja de facto), muito menos que isso tenha de ser assim "para non ser español". É um movimento cultural que se centra principalmente na questão ortográfica, entendendo que o natural para o galego é utilizar a grafia do diasistema linguístico a que pertence e não a de uma língua estrangeira que também o sufoca. Para além disso é o mais correto dende a ciência filológica.

Digo isso porque é justamente fazer uma língua adotar a grafia de outra e ficar isolada de seu tronco limguístico que politiza a questão, e não o contrário como normalmente se pretende que seja visto.

Responder
13 Respuestas
Oseiradepintegas
(@oseiradepintegas)
Registrado: hace 1 año

Usuario Honorable
Respuestas: 657

@breotrasancoi 

Pedir que se fale en Galicia coma en Portugal e non querer decir abertamente que os galegos valemos portugués. Non en Galicia en galego.

A grafia natural do galego e a correspondente a sus evolución non a una supuesta involución a favor do portugués.  Perderonse as silibantes, os fonemas vocalicos atonos e tónicos e a grafía nh so permanece nos sintagmas unha e asociados. 

A ciencia filolóxica ten poco de ciencia e moito de especulación. Non son eu que esta a facer política co tema filolóxico senon aqueles que a través da RAG e doutras institucions pretender impoñer o idioma portugués. 

A pregunta e por que as xeracions mais novas que coñecen perfectamente o idioma non o usan?

Responder
Ran españiva
(@ran-viva)
Registrado: hace 3 años

Miembro Honorífico
Respuestas: 5579

@oseiradepintegas 

¿Que a Academia pretende impoñer o portugués? Nin como chiste fai graza.

Responder
Oseiradepintegas
(@oseiradepintegas)
Registrado: hace 1 año

Usuario Honorable
Respuestas: 657

@ran-viva 

Os reintegracionistas que están sentados nas cadeiras de mimbre e que intentan controlar a RAG. Amiguiños do señor Mendez Ferrin e acólitos do bng ou da plataforma Queremos Portugués.
Responder
Ran españiva
(@ran-viva)
Registrado: hace 3 años

Miembro Honorífico
Respuestas: 5579

@oseiradepintegas 

¿Méndez Ferrín? ¿O mesmo que coa súa intransixencia fronte aos reintegracionistas impediu a unión do independentismo de extrema esquerda repetidas veces desde a FPG? Claaaro, como a RAG mantivo sempre unhas posicións tan favorables ao reintegracionismo... Con todos os respectos, estes posts parecen troleos.

Responder
Oseiradepintegas
(@oseiradepintegas)
Registrado: hace 1 año

Usuario Honorable
Respuestas: 657

@ran-viva 

A posición existiu e segue a existir, que non sexa maioritaria. Cando eu iba a escola non existían a terminación -bel, nin grazas, nin otras calladas que se foron impoñendo. Así o idioma denominado galego normativo non o fala ninguen. 
O que sucede e que a progresia da upg queremos impoñer un idioma que os seus militantes rexeitan mentres que o conservadurismo do rural mantener vivo.
Que o señor Mendez Ferrin non sexa un no galego os ollos da upg non quita que sexa ou non reintegracionista.
Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@ran-viva

Dende 2003, na miña opinión, xa quedou ben claro que "facción" conseguiu gañar e oficializar o seu punto de vista...

Responder
Ran españiva
(@ran-viva)
Registrado: hace 3 años

Miembro Honorífico
Respuestas: 5579

@lucovil 

Obviamente, a que xa traía ganada a oficialidade desde principios dos oitenta: o bando do ILG. Déronlles unhas migallas a aqueles antes chamados "de mínimos" e arreando. Aínda recordo cando estes repetían unha e outra vez que os mínimos mínimos mínimos para empezar a negociar calquera cousa eran que Galiza fose a forma recoñecida para o nome do país e a supresión da segunda forma do artigo. Ata niso pasaron polo aro.

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@ran-viva 

Tristemente, moitas veces o poder dos máis influentes, combinado coa falta de gañas, espírito, ilusión e motivación do bando máis débil (xustificable e comprensible pola gran forza mediática dos anteriores, a verdade) non ten nin tan sequera que esforzarse moito por ir minguando unha postura e as súas esixencias, ata o punto en que co tempo acábase pedindo considerablemente menos que ao principio e termina chegando o momento no que, por rematar con todo, acéptase xa o que sexa por cansazo.

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@oseiradepintegas

Quizais sexa na túa última cuestión na que deba centrarse a RAG, en vista de que os mozos vascos e cataláns si que empregan os seus respectivos idiomas alternativos ao castelán mentres que as xeracións novas de Galicia, sobre todo nas grandes cidades e como puiden constatar na miña experiencia persoal en moitas ocasións, apenas o fan.

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@breotrasancoi 

O problema da cuestión é que hoxe en día case todo politízase e non é doado tratar de posicionarse a favor do reintegracionismo simplemente pola súa proposta cultural e ortográfica sen caer nas mesmas discusións e conflitos de sempre que ao final derivan en que "es un traidor á patria e queres que Galiza sexa tan só catro distritos máis para Portugal" ou cousas do estilo.

Non queda outra que ter que andar aclarando constantemente que non se trata dun movemento político se se quere introducir máis profundamente o tema na nosa nación, porque se ao final conseguen relacionalo coa política o reintegracionismo terá un límite establecido que tan só o prexudicará, e aínda por riba tamén dividirá á sociedade galega.

Responder
Oseiradepintegas
(@oseiradepintegas)
Registrado: hace 1 año

Usuario Honorable
Respuestas: 657

@lucovil

As afinidades culturais e as ortográficas no tocante a lingua non as marca ninguen, decidimolas os que empregamos o idioma. Esa e a verdadeira evolución natural do mesmo. Ti es libre de empregar grafia portuguesa se consideras enfocar o teu traballo cara ali, eso si decía os demais tomar as suas propias decisions ainda que che parezan as equivocadas.

Responder
Ran españiva
(@ran-viva)
Registrado: hace 3 años

Miembro Honorífico
Respuestas: 5579

@oseiradepintegas 

Calquera lingua precisa una variante oficial para o uso da Administración, da escola e dos medios de comunicación. Ao final, esa vai ser tamén a que utilice o mundo económico. Calquera pode poñerse a escribir o español sen uves, pero van ir cate tras cate no cole e é posible que non o collan en innumerables postos de traballo.

Responder
Lucovil
(@lucovil)
Registrado: hace 1 año

Miembro Confiable
Respuestas: 247

@oseiradepintegas 

Precisamente o que comentas é o motivo polo que digo que se esta nova corrente quere introducirse en Galicia, non lle queda de outra que desmarcarse da política e simplemente mostrarse como un movemento cultural e social para todo aquel que queira sumarse a el.

Eu non son quen de dicirlle a ninguén como debe de falar o galego, e eu sempre o farei como considere, pero non vexo nada de malo en normalizar unha corrente puramente baseada na ortografía e intentar que varios modos de falar o galego poidan convivir pacíficamente nos diferentes ámbitos da sociedade.

Liberdade, si, pero tamén apoio á diversidade lingüistica, que é ben fermosa no noso país e algo polo que sacar peito ante o mundo.

Responder
Compartir: